Campus da Auga
Campus da Auga
A agua constitúe un recurso universal de primeira necesidade, de importancia mundial, cuxo coñecemento, xestión e uso poden e deben ser abordados desde unha perspectiva global necesariamente multidisciplinar.

Un dos seus aspectos máis destacados e de plena actualidade é o relativo ás aguas mineiromedicinais e termais. O seu estudo e aproveitamento inciden claramente na calidade de vida da sociedade actual, contribuíndo moi significativamente á consecución do anhelado estado do benestar.

O congreso, de manifesta vocación internacional, terá lugar coetáneamente á celebración de TERMATALIA (15ª Feira Internacional de Turismo termal, saúde e benestar) en Ourense (Galicia–España) os días 23 e 24 de setembro de 2015. Ourense e a súa provincia destacan pola súa alta potencialidade termal, constituíndo un auténtico referente a nivel ibérico, europeo e internacional.


Libro de Actas

Libro de actas do I Symposium Internacional sobre termalismo e calidade de Vida (CIDAT, 2015).
Faga clic na imaxe para descargalo ->

Libro de Actas CIDAT

Augas mineiromedicinais e termais

Caracterización físico-química das augas termais e mineiromedicinais. Hidroxeoloxía
Analítica e control de calidade de augas
Aproveitamientos tradicionais e novas orientacións de uso (enerxía, cosmética, etc.)
Marco xurídico e administrativo da auga termal

Patrimonio e arquitectura termal

Patrimonio arqueolóxico termal (Antigüidade)
Patrimonio histórico termal (Época Moderna e Época Contemporánea)
Arquitectura, rehabilitación e posta en valor de balnearios históricos
Nova arquitectura dos centros termais: proxectos, retos e perspectivas

Termalismo experiencial e de saúde

Hidroloxía médica. Balneoterapia, talasoterapia
Termalismo saudable para persoas maiores
Planificación e promoción do turismo termal
Xestión e administración de centros termais

Investigación xeral sobre a auga

Hidráulica
Hidroloxía
Eficiencia enerxética
Outros


Organizan / Patrocinan / Colaboran: