Campus da Auga

Termas e Historia


Para algúns investigadores o sitio das Burgas é sinónimo da orixe da cidade de Ourense; tres mananciais cun enorme caudal de auga mineiromedicinal que durante séculos atraeron aos habitantes dos castros veciños até dar lugar a un primitivo asentamento, xermolo do que será Ourense.

Os restos arqueolóxicos atopados na zona constatan unha tradición termal de máis de 2.000 anos de historia, que comeza cos primeiros poboadores romanos, quen xa bautizaran a Ourense como Aquis Auriensis polo ouro da cunca fluvial do Miño e as augas termais.

En recoñecemento a este papel central na historia da cidade, o sitio das Burgas foi declarado Ben de Interese Cultural en 2007. Non se trata só dun dos espazos máis emblemáticos de Ourense senón tamén o que mellor representa a relación íntima da cidade coa súa auga.

Máis Información

Termas e Natureza


Ao seu paso por Ourense, o río Miño, outrora rico en depósitos de ouro, debuxa unha paisaxe de marxes fluvais frondosos onde as súas augas conviven coas das surxencias termais, nun entorno natural inigualábel a só un poucos pasos do centro da cidade. A Ruta Termal do Miño fórmana cinco quilómetros de senda peonil; un espazo ideal para practicar jogging ou dar longos paseos e que, ademais, concentra até sete instalacións termais onde descansar e relaxarnos mentres gozamos dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán.

A ruta arranca na marxe dereita do Miño, a só uns poucos metros da Ponte do Milenio. Ubícase aquí a zona termal da Chavasqueira, a máis próxima á cidade, onde podemos escoller entre o ambiente de inspiración xaponesa do pequeño balneario da Chavasqueira ou un baño baixo as estrelas nas piscinas exteriores, de uso gratuíto.

Máis Información

Ourense e contorna


Se a cidade de Ourense ostenta o título de Capital Termal de Galicia, é xusto lembrar que o territorio que a rodea non queda atrás. A provincia é a que conta con máis surxencias miñeiromedicinais catalogadas en toda Galicia, con oito balnearios en activo e novas instalacións proxectadas. Pero ademais, Ourense, desde a súa encrucillada entre os ríos Miño e Barbaña domina un territorio marcado pola beleza dos seus paisaxes.

O veciño río Sil traza os espectaculares cañóns da Ribeira Sacra, denominación de orixe vinícola onde ademais de natureza atopamos monumentais mosteiros románicos como o de San Estebo de Ribas de Sil, hoxe parador nacional. O val do Ribeiro é tamén cuna dun dos viños de máis sona en España e a sua capital, Ribadavia é un núcleo histórico singular con castelo medieval e xudería. O río Avia rega este val onde tamén se atopan as vilas termais de Arnoia, e Cortegada, con sendos balnearios.

Máis Información