Campus da Auga

Datas máis importantes


Data Prazo
01/03/2015 Call for papers
15/05/2015 Envío de propostas para simposios e seminarios satélites
22/06/2015 Envío de resumos
30/06/2015 Notificación de aceptación
15/07/2015 Entrega contribución final
23-24/09/2015 Congreso

Contribucións


Todas as contribucións finais deben seguir as plantillas dadas nos seguintes arquivos:

Para enviar unha contribución ao congreso hai que rexistrarse no sistema de xestión da conferencia easychair.com.

A persoa de contacto para solventar dúbidas sobre esta aplicación é:

Arno Formella

 

Información xeral:

  • Os resumos poden ser presentados indistintamente en inglés ou en español.
  • Por favor, non usar maiúsculas en todo o resumo, agás para os nomes propios.
  • Os resumos non deben ter sido publicados ou presentados con anterioridade.
  • Unha regra de dous resumos publicados por primeiro Autor. Un Autor poden ser co-autores de múltiples resumos.
  • Os resumos non deben ter máis de 500 palabras.

Opción 1: Resumos de traballos de investigación:

  • Obxectivos do estudo (unha hipótese ou unha descrición do problema)
  • Método, Resultados (resultados concretos en forma de resumo coa análise estatística apropiada)
  • Discusión (breves comentarios, conclusións e implicacións).

Opción 2: Resumos que describen traballos con excepción da investigación:

  • Tema (Unha breve explicación do tema que trata o resumo)
  • Método (unha breve descrición do proxecto, experiencia, servizo ou investigación e os resultados e conclusións)
  • Conclusións extraídas (un resumo e implicacións).

Opción 3: Simposios e seminarios satélites:

  • Dirixir proposta á Organización  cidat@uvigo.es, antes do 15 de maio de 2015.

Temáticas para comunicacións


Pódense presentar ao Congreso comunicacións orais ou en forma de póster, que deberán ser orixinais e inéditos, e versar preferentemente sobre algunha das tres áreas temáticas prioritarias do congreso (1-3), ou de investigación xeral sobre a auga (4).

  1. Augas mineiromedicinais e termais: caracterización e aproveitamento
    • Caracterización físico-química das augas termais e mineiromedicinais. Hidroxeoloxía.
    • Analítica e control de calidade de augas
    • Aproveitamientos tradicionais e novas orientacións de uso (enerxía, cosmética, etc)
    • Marco xurídico e administrativo da auga termal
  2. Patrimonio e arquitectura termal
    • Patrimonio arqueolóxico termal (Antigüidade)
    • Patrimonio histórico termal (Época Moderna e Contemporánea)
    • Arquitectura, rehabilitación e posta en valor de balnearios históricos
    • Nova arquitectura dos centros termais: proxectos, retos e perspectivas
  3. Turismo experiencial e de saúde en termalismo
    • Hidroloxía médica. Balneoterapia, talasoterapia
    • Termalismo senior
    • Planificación e promoción do turismo termal
    • Xestión e administración de centros termais
  4. Investigación xeral sobre a auga relacionada có enfoque do congreso
    • Hidráulica
    • Hidroloxía
    • Eficiencia enerxética
    • Outros

Premios


  • COMUNICACIONES ORALES

    Entregaránse 3 premios de 500€ e 3 accésits (Diploma acreditativo) para as mellores comunicacións orais presentadas ao I Congreso Internacional da Auga.

  • POSTERS

    Entregaránse 4 accésits (Diploma acreditativo) para os mellores pósters presentados ao I Congreso Internacional da Auga.

A todos os premios se lles aplicarán as retencións tributarias legalmente establecidas.

Será requisito imprescindible para recibir o premio acudir á ceremonia de entrega dos mesmos no acto de clausura do Congreso. A non concurrencia a dito acto entenderáse como a renuncia ao mesmo.


Organizan / Patrocinan / Colaboran: